O experimento BOOMERanG (acrónimo en inglés de Balloon Observations Of Millimetric Extragalactic Radiation ANd Geophysics, "Observacións en globo da radiación milimétrica extragaláctica e xeofísicas") consistiu en elevar en globo aerostático un telescopio[1] (cunha micromalla de 18 bolómetros) por riba das capas máis baixas da atmosfera terrestre para poder captar o fondo cósmico de microondas. O globo permaneceu suspendido a 37 quilómetros de altura, durante os dez días e medio que durou o experimento (a finais de 1998) aproveitando as correntes adiabáticas da Antártida.
Mediuse o fondo cósmico de microondas correspondente a uns 300.000 anos despois do Big Bang. Os resultados fixéronse públicos na revista Nature, que publicou un artigo titulado: "Un Universo plano consonte os mapas de alta resolución da radiación do fondo cósmico de microondas"[2].
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search